Ao encontro coa conselleira para presentar as obras da senda peonil e ciclista de A Ramallosa a Praia América asistiu a tenente de alcalde de Nigrán e os concelleiros do goberno, ademáis do representante de UCN Antonio Comesaña, aproveitando a ocasión todos eles para incidir na prioridade e urxencia da reparación de Otero Pedrayo.
«Insistimos á Xunta nesta cuesión dende que chegamos ao goberno porque consideramos que é unha obra urxente e prioritaria para o municipio, por iso dende o Concello tendemos a man e ofrecemos colaborar económicamente na súa execución», suliña o alcalde, Juan González, quen engade que hai un mes presentou persoalmente ante Ethel Vázquez unha memoria valorada e unha proposta de convenio de financiación para emprender as obras, que ascenderían a 634.312 € en total.
«Mediante un convenio plantexamos asumir dende o Concello todo o relativo á renovación das instalacións (saneamento, pluviais, abastecemento ou soterramento do cableado) e que a Xunta asuma o arranxo do firme e beirarrúas e se comprometa a cedernos a súa titularidade para poder así ocuparnos da súa conservación», explica o rexedor.
Esta estrada autonómica que une as parroquias de Nigrán e Panxón acumula decenas de denuncias dos veciños debido a que o seu pésimo estado produce lesións e accidentes. Tal e a súa situación de inaccesibilidade que toda a corporación ao completo aprobou unha moción no pleno de xullo de 2016 reclamando á Xunta a súa reparación urxente para posteriormente cederlle a titularidade ao Concello co fin de que este poida ocuparse do seu mantemento. Ademáis, resulta imprescindible a reparación do seu firme, o pintado do mesmo e a instalación de medidas correctoras de velocidade para evitar accidentes, así como o arranxo na rede de saneamento e pluviais.
O goberno de Nigrán, a través do PSdG, incluíu un ano máis como enmenda aos orzamentos da Xunta esta rúa e a sustitución de pluviais, saneamento, reparación e accesibilidade das beirarrúas da Avda.Portugal dende A Ramallosa ata o centro de saúde de A Xunqueira, estimado en 540.000 euros e que non está previsto nas obras da nova senda peonil e ciclista porque só se actúa na outra marxe da estrada. Ningunha das dúas enmendas foi aceptada.