O Concello de Nigrán inaugurou coa presenza do deputado provincial Santos Héctor; o alcalde, Juan González, e e o edil de Deportes, Luis Sanromán, unha escultura en pedra adicada ao mundo surfeiro xusto ao carón da praia de Prado (Priegue).
A peza, que simula a un surfista collendo unha onda, foi realizada polo alumnado da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra ex-profeso para este lugar a petición da Concellería de Deportes e está situada ao final da rúa Caranquexo, ante o propio areal.
O obxectivo do Concello é render homenaxe a este deporte tan popular en Nigrán e a toas as persoas que o practican e que o introduxeron en Galicia a través das praias de Patos e Prado nos anos 70.