A marcaxe prodúcese menos dun mes despois de que a Xunta recoñecese oficialmente esta ruta de peregrinación que durante anos reclamou Nigrán e as outras seis localidades que atravesa. O traballo do Concello para mellorar o traxecto de cara ao verán (cando maior afluencia se espera) supón adecentar os 10 kilómetros que lle corresponden, incluíndo a sustitución das pasarelas de madeira do río Muíños (moi deterioradas) ou a reparación da súa ponte (actualmente escorada). Todo elo está sendo levado a cabo por operarios municipais e con financiamente íntegro do Concello.
“O seu recente recoñecemento como ruta oficial supón un revulsivo, é algo que os municipios reclamamos durante anos, pero agora non podemos agardar parados polas axudas da Xunta, nos sí tomamos a iniciativa para que sexa un atractivo turístico e cultural dende xa”, indica o alcalde, Juan González, quen reclama “maior difusión” do camiño por parte do organismo autonómico. Así, a Xunta nin sequera marcou esta ruta durante o Xacobeo 2010, polo que o ex rexedor Efrén Juanes a sinalizou, renovando as pegadas en novembro o actual goberno xunto a Fundación Cume e agora de novo pero xa coa marca oficial. Precisamente, co obxectivo de ser máis fiel ao camiño orixinal e ao mesmo tempo evitar zonas de estrada sen interese, o recente marcado discurre polo río Muíños e Nespereira, as igrexas de San Félix e San Pedro ou de Santiago de Parada, único templo e parroquia cuxo patrón é o Apostolo e que será sinalizada apropiadamente cun panel informativo. Ademáis dos pequenos trocos con respecto ao primeiro marcado que se fixo, agora clarifícanse puntos de encontro que xeraban confusión.
“Queremos que se poña en valor porque non só ten un valor cultural e patrimonial incalculable senón que, ademais, supón un activo máis para o turismo en Nigrán e en todo o Sur da provincia de Pontevedra”, indica González. O propio rexedor lembra que precisamente en Nigrán, no Pazo de Pías da Ramallosa, atópase o único establecemento do Val Miñor que pode selar a compostelá oficialmente, “un motivo engadido para potenciar a ruta pola costa”.
Este itinerario de peregrinación xa tiña gran importancia na Idade Media, sendo fundamentalmente utilizada por peregrinos procedentes das terras máis occidentais de Portugal, entre os cales se incluían os procedentes de países de ultramar que arribaban aos portos portugueses para chegar ata Compostela. Ao longo do seus 78 km, en España discorre dende A Guarda ata Redondela, atravesando os municipios do Rosal, Oia, Baiona, Nigrán, e Vigo ata que chega a Redondela, onde continúa o mesmo traxecto que fan os peregrinos procedentes do camiño portugués que transcorre polo interior.