Así, conforme a proposta da Comisión de Valoración (composta por tódolos grupos políticos) o goberno concedeu 5.269 euros a 6 entidades culturais; 11.591,99 euros a 17 entidades deportivas e 4.684,61 a 6 entidades veciñais e festeiras. Todas estas axudas, cun máximo de mil euros, serán destinadas a realización de actividades dinamizadoras para o goce da veciñanza.
“O noso compromiso é de máxima colaboración con tódolos colectivos do municipio, que son os grandes promotores das actividades lúdicas, culturais, deportivas ou festeiras, por iso ímos continuar con esta liña de axudas ao longo de todo o mandato”, explicou o alcalde Juan González.
As axudas enmárcanse no Plan Estratéxico de Subvencións municipais, un imperativo legal que permite ao Concello abrir esta nova liña de apoio económico. Cumprindo o compromiso de transparencia asumido por este goberno, a resolución será colgada na web do Concello de Nigrán, tanto na portada como na concellaría de Relacións Veciñais, para que todo aquel que o desexe poida consultar ao detalle cada subvención.