En resumen, constitúen unha prestación económica de carácter urxente e extraordinario, destinadas a paliar situacións carenciais e transitorias imprevistas ou excepcionais, así como para evitar o agravamento das mesmas. Sirva como exemplo o pago de alugueres, hipotecas, fianzas, gastos de comunidade; conservación das vivendas e adquisición de mobiliario e equipamento, gastos de luz, auga ou gas, acometidas de saneamento e abastecemento, acondicionamento sanitario ou reformas en xeral.
As persoas en esta situación poden presentar solicitudes durante o resto do ano en curso, podendo cubrirse o gasto total da necesidade se así o estiman os Servizos Sociais. Os beneficiarios poden ser persoas individuais ou unidades familiares, sendo preciso ser maior de idade, estar empadroado en Nigrán cunha antigüidade mínima de 6 meses e non dispoñer de ingresos suficientes.