As obras correron a cargo da empresa Covsa por 8.600 euros e remataron no mesmo día. O goberno local consideraba prioritario o asfaltado desta zona ao atoparse nun entorno moi urbano e de gran afluencia debido á localización do centro de saúde. A este asfaltado seguirán nas vindeiras semanas outros en diferentes barrios de Nigrán.
«Consecuentemente coa nosa defensa da sanidade pública e aposta polo novo centro de saúde de Panxón acometemos este asfaltado, do mesmo xeito que no seu momento reclamamos á Xunta o acondicionamento do espazo exterior, empregado como aparcamento», sinala o alcalde, Juan González.