«Consideramos prioritaria a creación directa de postos de traballo cun salario e condicións dignas para chegar así a máis familias necesitadas de Nigrán. Solicitamos o número máximo que nos correspondía porque, ademais de mellorar a súa empregabilidade, o seu labor reverterá nunha mellora da calidade dos servizos municipais», resume o alcalde, Juan González. Así, o proceso selectivo levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego (oficina de Baiona) dentro da máis absoluta transparencia. Acorde ás bases establecidas, darase prioridade ás vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares. O salario será de 858€/mes, contemplándose 7,5 meses para os desbrozadores e 9 meses para albaneis e conserxes.
Entre as labores que desenvolverán a xornada completa os 21 peóns forestais (perfil ao que atenderá a Oferta Pública de Emprego do Concello de Nigrán) atópase a conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, poda de árbores ou arbustos, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares ou zonas verdes. A duración do contrato será de 7,5 meses e o salario de 858,55€.
Os dous oficiais de obras integraranse a xornada completa no equipo do Concello co obxectivo de traballar na execución de elementos construtivos, o que inclúe eliminar escombros, carga e descarga de materiais, montaxe e desmontaxe de estruturas temporais, preparación de morteiros, cavar buracos, gabias, acequias… Todo elo con especial atención ao mantemento das diferentes instalacións públicas.
Finalmente, contrataranse tres conserxes durante 9 meses en xornada de 30 horas/semana para o CEIP Carlos Casares, Mallón e da Cruz, en Camos. O seu traballo centrarase no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro.
“Son postos que non están cubertos dende a Consellería de Educación e que consideramos prioritarios para un perfecto funcionamento diario nos colexios, xa que contribúen a dar un mellor servizo aos nenos e, por ende, a toda comunidade educativa”, indica González.
A elección destes tres perfís fundaméntase na necesidade do Concello de manter axeitadamente os servizos municipais nun tipo de áreas no que o persoal habitual do Concello resulta insuficiente. O obxectivo pararelo é que os beneficiarios melloren a súa capacitación e, con elo, as posibilidades de incorporarse ao mercado de traballo ordinario tras rematar no Concello.