A obra, financiada nun 90% pola Deputación de Pontevedra e cun orzamento de 13.333,33 euros, se enmarca nun convenio co ente provincial para mellorar o Sendeiro Azul de Praia América e Panxón que tamén inclúe a reparación da «fonte seca» ou do reloxio solar e se encadra na política de “Un Nigrán para todos” que busca facilitar a accesibilidade a tódalas persoas.
«Era inconcebible que nun paseo tan fermoso e con tanta pendente non existisen bancos para poder descansar ou desfrutar das vistas. Queremos por en valor todo este entorno privilexiado do esteiro da Foz, e para elo son básicos aspectos como bancos con vistas á Ladeira ou ao Oceano Atlántico», explica o alcalde, Juan González.
A Deputación de Pontevedra ten en marcha un plan de acondicionamiento dos sendeiros azuis da provincia cun orzamento de 183.333,26 euros. O de Nigrán acadou este título en 2013 e se localiza nunha ensenada orientada cara o oeste entre Monteferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muiños dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América.