A intervención consistiu na sustitución de 110 metros de tramo por unha nova varanda de estética similar pero de tubo de aceiro inoxidable de alta calidade, material moito máis resistente ao efecto da salinidade. O Concello realizou un investimento total de 15.500 euros nesta obra inaugurada no ano 2009 e cuxo pasamans nunca fora reparado. Nas vindeiras semanas se colocarán bancos (agora inexistentes) co obxectivo de facer desta zona con fermosas vistas (e moi coñecida agora polos foráneos grazas ao libro e a pelicula homónima ‘A praia dos Afogados’) nun paseo máis de referencia en Nigrán.
Estado no que se atopaba a vella varanda da Madorra.
Neste eido, o Concello de Nigrán, dentro do seu programa ‘Un Nigrán para todos’, ven de instalar varandas no extremo da ponte romana de Ramallosa, na Foz, nas rúas Canido e Reverendo José María Pérez Alonso… “Son actuacións da cara a mellorar a accesibilidade e que demandan os propios veciños, neste caso da praia da Madorra trátase dunha reparación, pero a antiga resultaba completamente impracticable e incluso insegura do mal que se conservaba. A imaxe deste paseo co novo pasamans cambiou radicamente”, resume o alcalde, Juan González.