Ata o lugar se achegaron esta mañá o alcalde e técnicos municipais do Concello de Nigrán, que xa deron parte do destrozo á Dirección Xeral de Costas, que a súa vez desprazou inspectores para valorar os danos e, entre as dúas administracións, buscar unha solución de cara a tempada estival. O paseo, duns 20 metros, bordeaba o areal e daba aceso ao mesmo (igualmente, permanece intacto o aceso mediante unha ampla rampa de formigón ou tamén por escaleira).
A plantilla ao completo de Vías e Obras do Concello traballou durante toda a mañá retirando árbores caídos en diferentes estradas e camiños, fundamentalmente nas parroquias interiores de Camos e Parada (nesta última viuse abaixo un pequeno muro nun aceso a un camiño). Ademáis, dúas árbores obstaculizaban a zona de aparcamento de autobuses do IES Val Miñor, fora do recinto escolar. Os operarios tiveron que retirar múltiples sinais derribadas polo vento, contedores… Ademáis, desatascaron cunetas e regatos co fin de evitar inundacións ante a previsión de máis choiva.