As súas maxestades sairán da Piscina Mancomunada ás 17.00 horas para percorrer as rúas Cabreira e Manuel Lemos e concluír no Centro da Terceira Idade na Alameda de San Campio. Posteriormente, desfilarán ás 18.30 horas dende as pistas de tenis de Panxón para chegar ao Pavillón Municipal sobre as 19.00 horas, onde se realizará a recepción real que outorga aos nenos a oportunidade de falar directamente con Melchor, Gaspar e Baltasar para trasmitirlles os seus desexos.
Rondallas
No seu desfile polas rúas do municipio, as Súas Maxestades serán acompañados nos diferentes tramos polas rondallas de Parada (en Panxón), Chaín (en Nigrán) e Beade (A Ramallosa). As tres se unirán ás 17.30 horas no Campo de Redes de Panxón e desfilarán ás 18.30 horas ata o pavillón acompañando aos Reis. As portas do pavillón serán abertas ás 18.30 horas para aqueles que asistan á recepción.