O Concello de Nigrán autorizou esta semana a reapertura do tradicional mercado ao aire libre de Patos para retomar a actividade este sábado despois de dous meses pechados pola crise sanitaria do Covid-19.
Así, a feira arrancarou con vinte postos agroalimentarios convintemente delimitados para que permitisen gardar distancias de seguridade, tal e como se regula nesta Fase 1 de desconfinamento.
A apertura coincide co inicio este luns da popular feira de Sabarís en Baiona, polo que os principais mercados da comarca regresan a unha nova normalidade (o téxtil todavía non está permitido).
«Pouco a pouco iremos retomando a normalidade se seguimos mantendo as máximas medidas de prevención, temos unha cidadanía responsable e estou segura de que seguirá sendo así porque xa o amosaron amtes nos seus paseos ou coa apertura de comercios e terrazas», explica o alcalde, Juan González.