Precisamente, na mesma parroquia e a escasos metros, estase a rematar en colaboración coa Axencia Galega de Infraestructuras a reparación do colector de drenaxe da rúa Manuel Lemos. A inversión, de 30.236 euros, consiste na substitución desta infraerestrutura obsoleta cuxo estado de deterioro provocaba o afundimento das beirarrúas, polo que resultaba urxente a súa reparación. Aproveitando estas obras, repoñerase todo ese tramo de uns 300 metros beirarúa, completando así unha obra que levaba anos sendo demandada polos veciños (en febreiro a concesionaria do servizo municipal de abastecemento e saneamento de auga, Aqualia, en colaboración co Concello, levou a cabo obras de reparación no colector de saneamento da mesma rúa, a menos de 100 metros de distancia, este tamén presentaba numerosas fendas polas que se filtraban augas fecais ao recinto do Colexio de Mallón e aos inmobles próximos).
“Con estas dúas obras respostamos ás peticións dos veciños e dos colectivos de San Pedro da Ramallosa. Por unha banda a reordenación do tráfico e a seguridade viaria na Rúa Francisca Lago e por outro a substitución integral da rede de saneamento e beirarúas no entorno do Colexio de Mallón», sinala o alcalde, Juan González.