A obra, financiada nun 90 por cento pola Deputación de Pontevedra cun orzamento de 13.333,33 euros, se enmarca nun convenio co ente provincial para mellorar o Sendeiro Azul de Praia América e Panxón.
O obxectivo final é adecentar o entorno da fonte e que luza o máis fiel posible ao proxecto orixinal de 1950. Paralelamente, restaurouse e reorientouse un reloxio solar labrado en pedra que ficaba prácticamente abandonado nesta misma área e que agora preside un espazo recén axardinado fronte a fonte. Ademáis, instalaranse catro novos bancos para facer do espazo un verdadeiro punto de descanso e de encontro entre os veciños.
«Apostamos por recuperar o noso patrimonio e darlle o máximo valor, é unha magoa que a fonte levase tantos anos completamente descoidada sendo un emblema do municipio. Esta subvención da Deputación serve non so para manter mellor este espazo, se non tamén para dalo a coñecer, darlle máis publicidad e ofrecer unha imaxe mellor do municipio», sinala o rexedor, Juan González.
A Deputación de Pontevedra ten en marcha un plan de acondicionamiento dos sendeiros azuis da provincia cun orzamento de 183.333,26 euros. O de Nigrán acadou este título en 2013 e se localiza nunha ensenada orientada cara o oeste entre Monteferro e Monte Lourido. Na súa zona central desemboca o río Muiños dividindo o sistema dunar en dúas partes: Areal de Panxón e Areal de Praia América.