As 20.00 horas no Auditorio Municipal proxectarase o documental de Mariano Agudo «Guillena 1937» (a entrada é de balde). Este narra como en 1937 dezasete mulleres de Guillena (Sevilla) foron detidas nas súas casas polas autoridades franquistas sufrindo numerosas vexacións ata que finalmente un día as trasladaron ao municipio veciño de Gerena para asasinalas cruelmente no cemiterio municipal; 75 anos despois deste feito os familiares iniciaron a súa exhumación. Previamente á proxección intervirá por videoconferencia Leonardo Alanís Falantes, director do instituto de Gerena e unha das persoas que aparecen no documental tras recoller testemuñas.
O Concello de Nigrán conmemora durante un mes o 80 aniversario da guerra civil, polo que ten previsto tamén un acto especial pola homenaxe aos fusilados na «volta dos nove» ou a visita do escritor e director Javier Rioyo para presentar o seu documental «Extranjeros de sí mismos». O ciclo de cine continúa o venres próximo con «Silenciadas».