En total, estas actuacións suman un orzamento de execución da obra de preto de tres millóns de euros. Ademais, permitirán ás firmas aumentar a súa produción e, polo tanto, o seu persoal e xerar novos postos de traballo.
Snop Estampación, firma francesa vinculada á fabricación de compoñentes metálicos para a automoción, ten en Porto do Molle unha parcela de 36.000 metros cadrados e acaoou o permiso necesario para incrementar a superficie construída en 6.682 metros cadrados, cun máximo de 12 metros de altura. Así, esta será a terceira ampliación da planta, que actualmente conta con 18.000 metros cadrados de superficie construída.
Por outra banda, Industrias Nebrinox S.L. obtivo licenza para a construción dunha nave de 1.768 metros cadrados e 12 metros de altura máxima . A parcela estará destinada á fabricación de maquinaria para o sector industrial.