«Dotando aos socorristas das técnicas axeitadas e cun adestramento continuo, a táboa pode ser o medio máis efectivo pa nas principáis praias de Nigránra rescates de longa distancia ou máis complexos, como persoas afogadas e xa inconscientes», indica Rubén Rial, edil de Seguridade. Por exemplo, no rescate dunha vítima inconsciente a 150 metros, a táboa reduce en aproximadamente un minuto o tempo total da intervención, vital neses casos. Mesmo nunha praia como Patos, con maior ondada, o tempo aínda se podería reducir máis grazas ao aproveitamento das ondas ao regreso co ferido. «É un material específico que require formación e adestramento, pero unha vez acadado, aporta unha vantaxe vital con respecto a utilizar aletas e tubo de rescate». Cada unha destas táboas dispón dun remo, o que permite aos socorristas levar a cabo unha vixilancia activa dende o auga, «xa que lles permite desprazarse de pé sobre a mesma».
Cunha lonxitude de 3,25 metros, un ancho de 76 centímetros e un espesor de 10,7, a vantaxa de que sean inchables é que resultan máis lixeiras e, por tanto, máis rápidas (apenas alcanzan os 10 kilogramos de peso, sumando o remo). Fabricadas en PVC de alta resistencia, a capacidade das cámaras inchables é de 195 litros.
As táboas de rescate deben a súa orixe ás táboas de surf, estas últimas introduxéronse en 1913 na praia de «Long Beach», California, para realizar rescates, sen embargo, como no se podían efectuar de forma favorable, inventouse outra de dimensións maiores que sí favorece a realización dun bo rescate, a denominada xa como «Táboa de Salvamento» e que acaba de adquirir o Concello de Nigrán.