O alcalde de Nigrán, Juan González, como anfitrión, foi o encargado de iniciar o acto de difusión do novo Programa Leader. Pola súa banda, a presidenta do Grupo de Desenvolvemento Rural GDR14 e alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou as características desta nova etapa onde o grupo xestionará mais de 3 millóns de euros atá o 2020, importe que poderíase ampliar con vistas ao ano 2023.
Nesta presentación o equipo técnico do grupo, salientou as peculiaridades e as diferentes liñas de actuación, facendo fincapé tanto nas actuacións de proxectos produtivos coma non produtivos.
Neste acto tamén se presentou a nova imaxe corporativa da asociación, tendo como relevancia o cambio da denominación social da entidade que foi aprobado a semana pasada pola súa Asemblea Xeral de socios, a cal pasará a denominarse a partir de agora Asociación de Desenvolvemente Rural Galicia Suroeste Eurural.
A difusión do novo Programa Leader xa está en marcha por todo o territorio do GDR14 formado polos concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Garda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño, e Tui.