Os efectivos sanitarios desprazáronse ata o lugar para atender á persoa ferida. Unha persoa particular alertaba do sinistro ao 112 Galicia ás 11:20 horas de hoxe. O persoal do CAE 112 informou a Urxencias Médicas e ao GES do Val Miñor. Os feitos tamén foron postos en coñecemento da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.