Na actualidade, unha parte do camposanto linda directamente coa rúa do Sobral no seu borde norte, existindo un talude de 6 metros de altura sen contención de ningún tipo entre ambos, é por isto que a obra resulta imprescindible para dotar de seguridade a propia estrada e para evitar as caídas continuadas de terras sobre os nichos que, precisamente, se producen pola diferencia de cotas.
«Esta obra é unha demanda dos veciños que o Concello atende prioritariamente porque existía un perigo real de desprendementos. Ademais, permite ampliar o ancho da rúa Sobral e crear un espazo público de entrada ao cemiterio máis señeiro, con cipreses a súa beira onde antes non había nada», sinala o alcalde, Juan González.
O proxecto técnico do arquitecto nigranés Severo Fernández contempla acabar o peche cun muro lineal de contención de formigón armado que permita unha maior separación cos nichos e que dará máis amplitude á rúa (aumentará o ancho 1 metro, facendo máis segura a circulación). Este se dividirá en tres tramos: un primeiro de formigón de 3 metros de altura e outros dous que descenden acorde á pendente do terreo sendo o extremo máis alto de 3 metros e o máis baixo de 1,30m. Na rúa do Sobral tamén se construirá un muro perimetral de 3 metros de altura e, finalmente, farase un muro en escollera paralelo á via e plantaranse cipreses ao seu carón para dar maior privacidade ao cemiterio.