O Concello de Nigrán dá un empurrón a súa veciña Uxía Chamorro para que poida competir no Mundial de Catar 2023 de Baloncesto Adaptado. Con este obxectivo o consistorio ven de investir 8.000 € na adquisición dunha cadeira de rodas feita ex-profeso para a deportista do Amfiv acorde ao seu peso, medidas, tipo de discapacidade e ao deporte que practica. Para elo o Concello tivo que recurrir á empresa madrileña ‘Olympic Mobility & Sports’, unica de España especializada neste traballo e proveedora de deportistas discapacitados de todo o mundo. O resultado final, testeado onte pola propia Uxía no Pavillón Municipal de Panxón, é unha cadeira a medida de aluminio aeronáutico e 5 kg máis lixeira da que ten en préstamo no seu clube, polo que resulta moito máis rápida e fácil de manexar.
«Uxía é unha deportista de élite de San Pedro da Ramallosa que merece o mesmo apoio que calquera outro profesional, polo que sabendo da súa necesidade urxente de contar cunha cadeira de rodas mellor non dubidamos en patrocinala», explica o alcalde, Juan González, quen asistíu onte xunto a Agustín Alejos, tamén deportista nigranés de baloncesto en cadeira, á entrega por parte da empresa a Uxía. Alí, coa presenza do Club Baloncesto Nigrán, a deportista puido probala baixo a atenta mirada de de Álvaro González, socio fundador de ‘Olympic Mobility & Sports’ e quen in-situ a rematou de axustar.
«Disponer de una silla en condiciones puede ser fácilmente la diferencia en llegar a ser convocada para la selección porque lógicamente las condiciones de juego mejoran notablemente», explica Uxía, quen destacaba tras a proba a sensación de «agilidad» e «rapidez en el giro». «Iba tan rápido que al girar pensaba que igual me podía caer, pero a los 20 minutos estaba ya completamente adaptada y me sentía súper segura, esta ya es de verdad mi silla», explicaba Uxía, quen empregaba ata agora unha silla do Amfiv do ano 2007 e pola que xa pasaron 3 xogadores.
«La silla para estos deportistas puede ser la gran diferencia a la hora de competir», corrobora Álvaro González, quen fundou no 2013 esta empresa tras adicarse á fabricación ortopédica e detectar esta necesidade. «No existía la especialización en sillas para deportistas de élite, estaban totalmente desatendidos y no había ninguna profesionalización al respecto, ni siquiera existía ese concepto de personalización». Por iso o cambio e o éxito de Olympic Mobility&Sports foi absoluta, nesta empresa miden e pesan aos deportistas, estudan a súa discapacidade e deseñan ex-profeso a cadeira pensando tamén no deporte ao que se vai adicar, «por ejemplo, en el caso del baloncesto es necesario una defensa delantera potente porque es un deporte muy de contacto. No hay dos sillas iguales, es imposible», explica. Só o deseño (non fabricación) desta cadeira levou 35 horas (Álvaro desprazouse ex-profeso en abril para medir a Uxia e tomar todas as referencias).
Uxía Chamorro
Uxía Chamorro (Nigrán, 2002) naceu con atrogriposis e escoliosis, polo que dificilmanente pode desprazarse en distancias cortas con muletas, así que emprega habitualmente cadeira de rodas. Con 8 anos descubríu de casualidade nun evento as posibilidades do baloncesto adaptado, despois asistíu como público a un partido e quedou definitivamente prendada deste deporte, polo que pasou a formar parte das escolas do Amfiv, clube no que xoga en Primeira División desde 2021, tendo sido convocada en diferentes ocasión pola Selección Española. «Mi objetivo es llegar a Catar, no va a ser fácil porque hay mucho nivel, pero si no me seleccionan no podré decir que es por culpa de una silla que me limita», confesa.
«El baloncesto es para mi compromiso, felicidad y calma. Me ayuda mucho, en el Amfiv tengo realmente una segunda familia, pasamos muchas horas juntos y lo agradezco», explica Uxía, quen mestura os adestramentos a diario co estudo dun ciclo de produción audiovisual en Bouzas. «En un futuro me gustaría poder simultanear el baloncesto con el trabajo audiovisual, que es mi otra gran pasión. Realmente, vivir sólo del baloncesto en silla es casi imposible», reconoce.