Purificación Granja, a muller máis lonxeva de Oia, cumpre hoxe os 105 anos, un aniversario que celebra esta mesma fin de semana rodeada da súa familia: ten 4 fillos, 6 netos e 11 bisnetos.
Como agasallos, o Concello entregoulle á veciña centenaria un ramo de flores e unha torta, presentes que a señora Pura recibiu cun sorriso e facendo gala do bo ánimo que a caracteriza.
A alcaldesa, Cristina Correa, e máis a tenente de alcalde, Carmen María Estévez, visitaron esta mañá á “avoa de Oia” para felicitala e facerlle entrega dos presentes. Neste día tan especial, as representantes do Concello transmitíronlle á homenaxeada o agarimo e bos desexos de toda a veciñanza.