Dende este domingo 11 ata o venres 16 de decembro, 165 persoas participarán na modalidade nocturna achegándose ao Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo (49 persoas), o Gran Hotel Talaso de Sanxenxo (35), as Termas de Cuntis (34) e o Talaso Hotel Louxo A Toxa (47). Estas persoas proveñen de Baiona, Bueu, Cangas, A Estrada, Fornelos de Montes, A Illa de Arousa, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mos, Nigrán, Pazos, Ponteareas, Ponte Caldelas, Pontevedra, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra do Miño, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vilaboa e Vila de Cruces.
En total, máis de 4.000 maiores da provincia gozaron do programa “Depotermal” a través das súas dúas modalidades. Un total de 2.855 fixérono con aloxamento nocturno e 1.431 fixeron só uso da asistencia diúrna aos establecementos termais. Cómpre salientar que, por primeira vez este ano, reserváronse un total de 443 prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.
Na modalidade diúrna de “Depotermal”, os establecementos dispoñibles son Termas de Cuntis, Eurostars Illa da Toxa, Balneario de Mondariz, Talaso Atlántico de Oia, Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo), Norat Marina Spa no Grove, Spa Torre do Deza en Lalín e Spa Vía Argentum en Silleda. Por outra banda, na modalidade con aloxamento están o Balneario de Mondariz, Gran Hotel Talaso en Sanxenxo, Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo, Termas de Cuntis, Talaso Atlántico en Oia, Talaso Hotel Louxo A Toxa, Spa Torre do Deza en Lalín e o Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo).