Este programa ten por obxectivos fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas maiores, facilitando o acceso ao turismo de saúde a persoas que doutro xeito non poderían beneficiarse da súa dobre función como período de vacacións e tratamento sanitario. Ademais, “DepoTermal” pretende ser un plan dinamizador da economía da provincia, impulsando a creación e mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.
“Depotermal” tamén promove espazos de encontro e intercambio de experiencias, co fin de evitar o illamento das persoas maiores e as situacións de soidade que poidan levar á súa vulnerabilidade. Trátase dunha iniciativa que se desenvolve entre setembro e decembro e da que se benefician 4.000 maiores da provincia, a través de estancias en establecementos termais coa modalidade diúrna, acudindo diariamente durante cinco días consecutivos, ou con aloxamento completo de domingo a venres.
En canto a modalidade con pernocta, a partir deste domingo 19 de novembro, 318 persoas da provincia maiores de 50 anos chegarán ao Hotel Carlos I de Silgar, Hotel Gran Talaso de Sanxenxo, ao Hotel Louxo, ao Hotel Talaso Atántico de Oia, e ao Balneario de Cuntis para desfrutar de modalidade con pernocta. Máis polo miúdo, 142 acudirán ao Hotel Carlos I de Silgar procedentes dos concellos de Vigo (76 persoas), Pontevedra (15), Nigrán (10), Baiona (7), Salceda de Caselas (6), Tui (6), Cangas (4), Valga (3), Redondela (3), O Porriño (2), Gondomar (2), A Estrada (2) e Vilagarcía de Arousa (1).
Pola súa banda, 53 persoas chegarán este domingo ao Hotel Talaso Atlántico de Oia procedentes de Meaño (49 delas), Pontevedra (2) e Vigo (2). Ademais, acudirán ao Balneario de Cuntis 49 persoas procedentes de Vigo (15), Vilaboa (11), Vilanova de Arousa (8), Pontevedra (4), Bueu (4), Marín (3), Redondela (2) e Baiona (1).
Outras 42 persoas aloxaranse desde o domingo no Hotel Louxo da Toxa e chegarán dende Vigo (22 persoas), Pontevedra (6), Baiona (5), A Estrada (3), Cangas (2), Lalín (2) e Poio (2). Amais, tamén 32 persoas chegarán o vindeiro domingo ao Gran Hotel Talaso de Sanxenxo procedentes da Illa de Arousa (9), Vigo (9), Pontevedra (3), Redondela (2), Ponteareas (2) e Nigrán (2) onde se aloxarán durante cinco noites.
Pola banda da modalidade diúrna, 115 persoas chegarán o luns 20 de novembro ao Eurostars Illa da Toxa, Balneario de Cuntis e Talaso Atlántico de Oia. Concretamente, ao Hotel Balneario de Cuntis acudirán 45 persoas dos concellos de Ponte Caldelas (22), Valga (10), A Lama (8), Caldas de Reis (4) e Pontevedra (1) e ao Talaso Atlántico de Oia, 39 persoas dos concellos do Rosal (12), A Guarda (7), Tomiño (11), Tui (7) e Nigrán (2).
Por último, do 20 ao 24 de novembro, acudirán ao Eurostars Illa da Toxa 31 persoas dos concellos de Marín (12), Poio (9), Bueu (5), Pontevedra (4) e Sanxenxo (1).
Durante este mes, e no que queda de ano, 4.000 maiores de 48 concellos da provincia están a gozar do programa “Depotermal” a través das modalidade diúrna e da modalidade con pernocta. Ao igual que na pasada edición ofértanse prazas gratuítas para persoas en situación ou risco de exclusión social e sen recursos económicos.