A canción quere enviar a mensaxe de que, ante calquera dificultade debemos seguir a nosa forza interior, porque non estamos sos. Partindo desta reflexión, o videoclip céntrase no ‘bullying’ e ten como protagonistas a un mozo e a unha moza de diferentes idades.
Realizado e producido por Samaín Producións, o audiovisual é froito de varias sesións de gravación desenvolvidas durante o pasado mes de marzo en diversos puntos de Oia e Baiona. Entre as localizacións escollidas para a rodaxe destaca o CEIP Mestre Manuel García (situado na parroquia de Santa María de Oia), así como varios puntos da costa de ambos municipios.
Cun estilo musical ‘electro house’ de festival, o tema ‘You’re not alone’ xorde da colaboración de Ludwig Van Brothers e a cantante Annie Rose, quen tamén é responsable da letra.