A Deputación de Pontevedra achegou 17.700,52 euros para estas obras enmarcadas na liña 1, Investimentos, do Plan Concellos 2016. Santos Héctor Rodríguez subliñou que “contribuirán sen dúbida a que as veciñas e os veciños de Oia gocen do seu tempo de lecer”.
O deputado provincial lembrou que o Plan Concellos 2016 destinou ó concello de Oia 415.315 euros, un 19% máis que no 2015 e que este ano 2017 serán 433.637,55 €, o que supón un 4,41% máis de achegas que en 2016, case dos puntos máis que a media do incremento na provincia.
O deputado de Turismo tamén recordou que “durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra fixo un investimento global en Oia que superou os 554.000 euros, facendo que os veciños e as veciñas deste concello poidan ter unha mellor calidade de vida” e reiterou que “este Goberno provincial seguirá apostando polos pequenos concellos, que son os que máis necesitan a actuación directa da Deputación de Pontevedra”.