Ata o venres 28, un total de 31 maiores gozarán dunha estancia completa nas Termas de Cuntis, outros 61 aloxaranse no Talaso Hotel Louxo a Toxa, un grupo de 38 estarán no Hotel Novo Astur Spa en Sanxenxo, 44 aloxaranse no Talaso Atlántico de Oia, e por último, outros 41 terán unha estancia completa no Gran Hotel Talaso en Sanxenxo. Ademais dos tratamentos en cadanseu establecemento termal, aproveitarán a estancia dunha semana para realizar visitas e saídas para coñecer o entorno de cada zona.
Estas persoas maiores proveñen dos concellos de Vigo, Nigrán, Tui, Pontevedra, Gondomar, Salceda de Caselas, Baiona, Meaño, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Arbo, A Lama, Covelo, Vilaboa, Mos, Cangas, Valga, Soutomaior, Lalín, O Porriño, Tomiño, Salvaterra de Miño, A Estrada, Cerdedo-Cotobade, Redondela, Marín, Vila de Cruces, Ribadumia e Ponte Caldelas.
Durante a próxima semana tamén, do luns 24 ao venres 28 de outubro, un total de 110 maiores da provincia aproveitaranse da asistencia diaria, durante eses cinco días, para gozar dos tratamentos termais no Talaso Atlántico de Oia, no Balneario de Mondariz e no Hotel Spa Nuevo Astur de Sanxenxo. Estas persoas maiores proveñen dos municipios de Baiona, Pontevedra, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Marín, Bueu e Ponteareas.
Durante este mes e no que queda de ano, máis de 4.000 maiores da provincia gozan do programa “Depotermal” a través das súas dúas modalidades. Un total de 2.855 fano con aloxamento nocturno e 1.431 fan só uso da asistencia diúrna aos establecementos termais. Cómpre salientar que, por primeira vez este ano, reserváronse preto de 450 prazas para persoas con dificultades económicas ou en risco de exclusión, que antes non podían acceder ao programa por motivos económicos.
Na modalidade diúrna, os establecementos dispoñibles son Termas de Cuntis, Eurostars Isla da Toxa, Balneario de Mondariz, Talaso Atlántico de Oia, Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo), Notal Marina Spa no Grove, Spa Torre do Deza en Lalín e Spa Vía Argentum en Silleda. Na modalidade con aloxamento están o Balneario de Mondariz, Gran Hotel Talaso en Sanxenxo, Hotel Spa Carlos I en Sanxenxo, Termas de Cuntis, Talaso Atlántico en Oia, Talaso Hotel Louxo A Toxa, Spa Torre do Deza en Lalín e o Hotel Novo Astur Spa en Vilalonga (Sanxenxo).