Coa colaboración da tenda de deportes Decathlon de Vigo, a asociación anima a quen queira participar a facer deporte mentres coñece algunhas das xoias patrimoniais da zona, como o castro e petróglifos da Cabeciña e o castro de Cano dos Mouros.
A ruta comezará ás 10 da mañá este domingo 27. Será unha variante circular da famosa Ruta Máxica cunha lonxitude de 15 km e dificultade media-baixa. O punto de saída e de chegada é o Cámping O Muíño en Mougás, Oia. Para participar hai que inscribirse previamente na tenda Decathlon de Vigo, tanto fisicamente na tenda ou no teléfono 986406501.
A participación ten un custo de 3€ que se abonarán no mesmo día da ruta. O custo inclúe o seguro, avituallamento ofrecido por Decathlon e o guía que fará pequenas explicacións dalgúns dos xacementos polos que pasa a ruta. Non inclúe xantar, polo que cada participante deberá traer a súa propia comida.