A área sanitaria de Vigo desenvolveu este venres dúas sesións formativas -presenciais e online- con representantes das 71 residencias de maiores e centros sociosanitarios sobre o cribado que se vai realizar entre os seus 3.500 traballadores.
A subdirectora de Prestacións Farmacéuticas, Isabel Rey, a subdirectora de Enfemaría, Mar de la Peña, e a microbióloga Sonia Rey explicaron aos asistentes o correcto desenvolvemento das probas que deben efectuar para completar todo o proceso. Ademais, se lles deu o tubo de recollida da mostra que deben entregar.
O proceso de cribado comezará o luns. O laboratorio de Microbioloxía, a través do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, procesará en tres días -luns, martes e mércores da vindeira semana- , as mostras enviadas de todos os centros galegos.
Nestes cribados, que se realizarán quincenalmente, vaise utilizar a técnica chamada ‘pooling’ mediante a recollida de mostra de saliva que pode facer o propio pacientes. Ademais, o persoal dos centros contará cun rexistro mediante aplicación móbil e cunha identificación unívoca que rexistra cada vez que o profesional se realiza a mostra.
A xerencia da área sanitaria de Vigo puxo en marcha, no pasado mes de maio e por primeira vez en España, a técnica ‘pooling’ que permite analizar nun único test as mostras de varios cidadáns –agora se realiza cunha vintena- multiplicando a súa capacidade de avaliación.
Consiste en agrupar as mostras de 20 persoas diferentes e procesalas xuntas, como se fosen as dun solo individuo. Se o resultado do procesamento da mostra resultante é negativo, se infire que cada unha das mostras orixinais son tamén negativas, co que se habería aforrado o tempo e capacidade que suporía o estudo individual de cada unha das mostras orixinais.
Se, pola contra, o resultado global é positivo, tense que separar as mostras para volvelas a procesar, ou ben dividendo a mostra conxunta en fraccións máis pequenas ou analizando cada unha delas de xeito individual.
Este sistema permite vixiar e controlar a circulación do virus en áreas estratéxicas. Isto é, en vez de esperar a que aparezan traballadores con síntomas, realízase unha acción de busca e identificación daqueles asintomáticos para controlar o antes posible a aparición de brotes da enfermidade e garantir áreas estratéxicas libres de virus circulante.