O alcalde de Vigo participou este xoves, no nome de tódolos gobernos locais, no acto de homenaxe ás vítimas do coronavirus, ás súas familias e a todas aquelas persoas que traballaron incansablemente durante o período de confinamento. Abel Caballero destacou o “comportamento exemplar” da sociedade durante este tempo.
Para o presidente da FEMP, o acto foi unha “mostra de afecto e proximidade coas familias e a contorna das persoas falecidas” e a ocasión para recoñecer o traballo dos numerosos colectivos que garantiron servizos e subministros á poboación.
No acto, celebrado pola mañá na praza da Armería do Palacio Real de Madrid, Caballero colocou unha rosa branca no pebeteiro, en sinal de recoñecemento e homenaxe.