O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo este venres unha xuntanza por videoconferencia co secretario de Estado da Saúde do Ministerio de Saúde de Portugal, António Sales.
O obxectivo desta reunión foi establecer unha colaboración para intercambiar información sobre a evolución da situación epidemiolóxica por mor da covid-19, tanto en Galicia como en Portugal. Deste xeito, a comunidade autónoma galega facilitará datos correspondentes as súas áreas sanitarias, mentras que Portugal fará o propio coa información das súas rexións.
Este intercambio de información enmárcase no espíritu de colaboración que tradicionalmente manteñen Galicia e Portugal e que cobra agora unha especial relevancia por mor da loita contra a pandemia mundial da covid-19. Dada a estreita relación entre ambos territorios e o continuo tránsito de viaxeiros a un lado e outro da fronteira, o coñecemento mútuo das respectivas situacións epidemiolóxicas será unha ferramenta mais para adoptar con maior rapidez as medidas sanitarias máis axeitadas para combater a pandemia.