A Consellería de Sanidade confirmou este xoves pola mañá ao Concello do Porriño da existencia dun brote de Covid-19 con media ducia de positivos. Dende a Xunta de Galicia comunicáronse telefonicamente coa alcaldesa, Eva García, á que informaron que o brote está localizado no centro da vila, onde se tivo que aislar a unha quincena de persoas.
Polos datos recibidos polo Concello, sábese que o primeiro contaxiado foi un mozo que transmitiu a patoloxía a súa noiva e a familiares próximos de ambos. Un deles está hospitalizado e o resto están illados nos seus domicilios -tanto en Porriño como en Vigo e Baiona- e os médicos de Atención Primaria realizan un seguimento a través do centro de saúde.
A Consellería informou á alcaldesa de que os rastrexadores epidemiolóxicos seguen a investigar se houbo máis contaxios e realizaron unha serie de probas PCR que descartaron algúns casos pero aínda agardan para este xoves os resultados doutras probas que determinarán se o radio de contaxios foi máis amplo.