O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou este sábado na presentación do proxecto “Acende o Xacobeo”, que inclúe a iluminación de 91 monumentos singulares de toda España como conta atrás do inicio do Ano Santo o día 31 de decembro coa apertura da Porta Santa. Ao acto tamén asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
Trátase de 41 monumentos representantivos das diferentes rutas do Camiño de Santiago que pasan pola comunidade galega, aos que se suman 50 doutras 10 autonomías que colaboran na iniciativa.
A iluminación nos concellos galegos levarase a cabo en tres fases –do 22 ao 25 de decembro, do 26 ao 28 e do 29 ao 31- e de forma secuencial a través das distintas etapas das rutas xacobeas ata chegar á catedral de Santiago evocando o percorrido que realizan os peregrinos. Así, os monumentos escollidos para cada fase iluminaranse de cor azul, coa proxección do logotipo do Xacobeo 2021 e a frecha amarela.
Ademais, na Torre do Reloxo da Catedral, coñecida como A Berenguela, proxectarase durante o período un vídeo de animación que tamén recreará a peregrinación a Compostela.
Á iniciativa sumáronse 10 comunidades autónomas –Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid, Murcia e Navarra- iluminando outros 50 monumentos, moitos deles vinculados ao Camiño de Santiago. Castela e León seguirá a mesma secuencia por fases que a comunidade galega e no resto de autonomías o acendido realizarase o 31 de decembro. No caso de Madrid, as iluminacións na glorieta de Atocha e no distrito de Fuencarral co logo do Xacobeo 2021 en gran formato estarán presentes durante todo o Nadal.
O vicepresidente primeiro da Xunta destacou que o Xacobeo 2021 que comeza nunhas semanas suporá unha oportunidade histórica para a reactivación do sector turístico e da economía galega e tamén para proxectar Galicia no exterior, a través dun elemento de referencia tanto a nivel nacional como internacional como é o Camiño de Santiago. Por iso, outra das iniciativas da programación inclúe a instalación de varias mouteiras doadas pola Xunta en lugares emblemáticos do mundo con vinculación cos galegos no exterior como a inaugurada esta semana na cidade de Bos Aires.
Alfonso Rueda apelou á implicación de todos os concellos galegos nun Xacobeo diferente e descentralizado debido á covid-19 pero o mellor dos Xacobeos posibles, do que asegurou que tódolos turistas e peregrinos que se acheguen a Galicia van poder desfrutar con tódalas garantías grazas a todas as medidas levadas a cabo para contar cun Camiño Seguro.
FASE 1 (do 22 ao 25 de decembro)
Camiño Concello Localización Camiño de Inverno O Barco de Valdeorras Concello do Barco de Valdeorras Camiño Francés Pedrafita do Cebreiro Igrexa de Santa María A Real do Cebreiro Camiño Francés Portomarín Igrexa de San Nicolás de Portomarín Camiño Inglés A Coruña Torre de Hércules Camiño Inglés Ferrol Teatro Jofre Camiño Norte Lourenzá Monasterio Benedictino de San Salvador Camiño Norte Ribadeo Igrexa Parroquial de Sta. María do Campo Camiño Portugués Tui Catedral de Santa María de Tui Camiño Portugués da Costa A Guarda Torre do Reló. Concello de A Guarda Camiño Portugués da Costa Redondela Albergue Casa da Torre Camiño Portugués da Costa Vigo Concatedral de Santa María Camiño Primitivo Castroverde Igrexa de Santiago Apóstolo Camiño Primitivo A Fonsagrada Igrexa de Santa María Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Cambados Pazo de Fefiñáns Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Rianxo Igrexa de Santa Columba Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla Vilagarcía de Arousa Pazo de Vistalegre Vía da Prata A Gudiña Igrexa de San Martiño da Gudiña Vía da Prata Monterrei Parador Castelo de Monterrei Vía da Prata Xunqueira de Ambía Colexiata de Santa María
FASE 2 (do 26 ao 28 de decembro)
Camiño Concello Localización Camiño de Inverno Chantada Casa de Lemos (Casa da Cultura) Camiño de Inverno Monforte de Lemos Torre da Homenaxe Camiño de Inverno e Vía da Prata Lalín Igrexa de Santa María das Dores Camiño Fisterra Muxía Ames Capela de Santa Maria Madalena Camiño Francés Melide Iglexa de San Pedro de Melide Camiño Francés Sarria Igrexa Santa Mariña Camiño Inglés Betanzos Igrexa de Santiago Camiño Inglés Pontedeume Torreón dos Andrade Camiño Norte Mondoñedo Catedral de Mondoñedo Camiño Norte Vilalba Parador de Vilalba Camiño Portugués Caldas de Reis Igrexa de Santo Tomé Becket Camiño Portugués Padrón Igrexa de Santiago Apóstolo Camiño Portugués Pontevedra Igrexa de San Francisco Camiño Primitivo Lugo Catedral de Lugo Vía da Prata Ourense Catedral de Ourense Vía da Prata San Cristovo de Cea Torre do Reloxo
FASE 3 (do 29 ao 31 de decembro)
Camiño Concello Localización Camiño Fisterra Muxía Fisterra Faro de Fisterra Camiño Fisterra Muxía Muxía Santuario Virxe da Barca Santiago de Compostela Santiago de Compostela Igrexa de San Bieito do Campo Santiago de Compostela Santiago de Compostela San Caetano Santiago de Compostela Santiago de Compostela Catedral (Torre do reloxo) Santiago de Compostela Santiago de Compostela Torres Hejduk