Trátase dunha nova edición das andainas arqueolóxicas nocturnas que promove o consistorio, que xa se desenvolveron hai un mes con grande éxito, xa que a inscrición tivo que pecharse en poucas horas ao completarse rapidamente o número de prazas dispoñibles, que é limitado (25 para este sábado) polas características da visita. A organización facilitará a hora de saída e o punto de encontro no momento de anotarse.
Estas actividades continuarán nos vindeiros meses cunha ruta nocturna (25 de maio) e outra diúrna (28 de xullo) aos Petróglifos de Penide/Mirallo e unha andaina diúrna ao Monte Buxei (30 de xuño).