O goberno de Carmela Silva decidiu así completar o programa no castro de Noalla, á vez que xa encargou a redacción do proxecto de consolidación definitiva que, se Fomento non asume, levará a cabo cando terminen as escavacións. “Trátase dunha decisión responsable e coherente coa nosa aposta polo respecto ao patrimonio ante a desidia do Ministerio, dixo a presidenta. “Aínda así, espero que en Madrid reaccionen e decidan cumprir coas súas obrigacións”, engadíu
Ata este luns, os operarios da Deputación estiveron realizando os labores de limpeza e conservación preventiva nos castros do Trega, (A Guarda), e Alobre, (Vilagarcía), traballos necesarios antes da consolidación definitiva, cuxos proxectos se están terminando de redactar. Desde media mañá os arqueólogos incorporáronse aos traballos na Lanzada onde seguirán ata cumprir co proxecto autorizado por Patrimonio da Xunta, evitar o risco de deterioración que a inacción de Fomento pode causar, e ante os importantes achados que o xacemento está a revelar.
O goberno provincial volve a facer un chamamento ao Ministerio de Fomento para que “dunha vez fixe unhas datas realistas que non comprometan a existencia do proxecto e cumpra coas súas obrigacións, claramente delimitadas no Protocolo”. Así mesmo, a Deputación de Pontevedra reclamará todos aqueles gastos que teña que afrontar a institución provincial por realizar os traballos que corresponden ao Ministerio.