Así, varios restos de tégulas romanas, un elemento lítico, probablemente un machador e un trozo dun dolium pasan a formar parte da historia de Ponteareas. Estes tesouros poderán ser admirados no noso museo municipal no que tamén podemos atopar restos que evidencian a convivencias das culturas romanas e castrexas.
A influencia dos romanos na vida dos castrexos e castrexas plásmase nos elementos que amosan as vitrinas do museo. Un togado da época galaico-romana, moitas moedas aparecidas que os castrexos empregaban herdadas da cultura romana, vidro e un dolium que transportaba viño e aceite ou os tellados de palla son algúns dos exemplos destas culturas.
O museo municipal de Ponteareas abrirá de novo as súas portas ao público logo de rematar as obras de eficiencia enerxética do edificio da biblioteca-museo e os traballos de reorganización das instalacións para ofrecer á cidadanía un servizo e unha visita máis atractiva.