Os actos comezarán ás 12.30 horas coa tradicional ofrenda floral do Cemiterio de Pereiró e continuarán ás 13,00 horas, xa no Pazo Quiñones de León, onde terá lugar a entrega da distinción.
Pilar Alonso, gran artista viguesa, licenciada en Belas Artes, foi becada como pintora no Paular de Segovia, cursou estudos de postgrado en Frankfurt e ao longo da súa carreira expuxo en numerosas galerías de España e Alemania.
En 2012 publicou o seu primeiro libro de artista en torno á ‘La Diva’ e en 2016 realizou intervencións en murais de Barcelona, en edificios do Grupo Pereira e dentro do proxecto ‘Vigo, cidade de cor’, xa que é a autora da medianeira pintada en Fragoso.