Con este acordo, que ten coma prazo límite de execución o 31 de decembro de 2017, a Deputación de Pontevedra comprométese a desembolsar 8.627,30 euros (7.500 do cruceiro e 1.125 da pía).
O cruceiro será construído en granito silvestre galego, pesa arredor de 2 toneladas e ten unha altura de máis de 5 metros. En canto a pía, esta estará realizada en granito a modo de columna. A pía ten un diámetro de 1,24m e un alto de 70 centímetros, decorada cun motivo semellante a unha cuncha.
Unha vez instaladas as pezas escultóricas a Parroquia de Santa Mariña de Cabral asumirá as responsabilidades de conservación e mantemento das mesmas.