“No tengo Mamá”, organizado por Seara Records, pretende ser un evento centrado no universo da autoedición e todos os seus matices, con especial predilección por aquelas publicacións gráficas, obras audiovisuais e traballos musicais que escapan dos formatos e contidos habituais e que existen unicamente grazas ao interese, persistencia e peto dos seus propios creadores.
NTMM terá lugar os días 27, 28 e 29 de agosto en Detrás do Marco (Rúa Londres, sn) e a súa terraza. O festival contará cunha variada oferta cultural nos postos dispostos no exterior para todos os gustos e idades. Ademais, no marco do festival desenvolveranse diversos concertos, talleres ou mesas redondas. Entre eles, o terceiro certame de curtometraxes e videoclips de baixo orzamento SEARA.MOV, que este ano se engloba dentro do NTMM e ocupa o apartado audiovisual do mesmo, desenvolvéndose ao final de cada un dos tres días que abarca o festival. Durante estas sesións proxectarán unha selección dos traballos que nos chegaron a concurso, e o sábado 29 presentarán os finalistas e anunciarán o ganador.
Este festival, organizado por Seara Records, celebrou o pasado ano a súa primeira edición cunha grandísima resposta do público que se achegou de forma masiva ata as inmediacións do Museo Marco para coñecer as creacións de xoves artistas en diferentes ámbitos.