As paredes da Alcaldía lucirán nas próximas semanas as obras de Rafael Alonso, un dos mestres da acuarela contemporánea. Caballero, durante a inauguración, eloxiou a técnica e a sensibilidade da obra e explicou que é a primeira vez que se exhibe esta colección ao completo, dando forma a unha exposición que serve para manter vivo o recordo do artista. Unha vez máis, Mostrarte colaborara coa divulgación da expresión artística na nosa cidade.