O certame destacou este ano polo récord de participación con 51 traballos presentados e polo seu gran nivel, o que dificultou moito a elección do gañador, situándose como a segunda proposta o cartel «A dos manos collage».
Arrojo conta cunha gran traxectoria como ilustrador, tendo traballado para infinidade de editoriais e marcas como Perrier, Casino Gran Madrid, Estrella Galicia… e organismos como Pazo da Cultura de Pontevedra, Concello de A Coruña, Cidade da Cultura de Galicia… Ademáis, conta cun gran palmarés de premios entre os que destaca o premio do Injuve en 2011, Ilustramaxina en 2015, premio do Ministerio de Cultura, primer premio do cartel da Festa da Istoria…
Este certame rende homenaxe dende o ano 2010 ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do jazz e quen impulsou o Festival dende o seu comezo deseñando os seus tres primeiros carteis.