O concurso espera reunir a 150 fotógrafos, que compartirán 24 horas nos que retratar sobre catro temas que propón a organización e son secretos ata o momento da saída do Maratón.
O Concello de Vigo repite como o colaborador principal dun Maratón que porta o seu nome, mais este 2019 a organización suma patrocinios de marcas do sector, como Canon, Olympus, Sigma e Profoto, e de empresas locais, como Reizentolo, Woodtwon e Vitrasa.
Unha das principais novidades do evento deste ano é a creación dun novo Concurso Maratón Fotográfico en Instagram, a rede social maioritaria entre o público novo como modo de difusión de imaxes.
Co obxectivo de chegar ao público xuvenil -aínda que sen requisito de idade-, o concurso demanda o retrato da cidade desde tres puntos de vista, correspondentes a tres etiquetas: #gente, #paisaje e #blancoynegro. O prazo de presentación de imaxes conclúe este domingo, 22 de setembro.