Nesta edición a programación medrou en actividades e colaboradores. Haberá dous concertos, un do Modulador de Ondas (Vigo) e outro do grupo de recoñecemento nacional Diola (Pontevedra). Para os máis cativos tamén estarán Falabaratas.
A pintura en directo tamén terá a súa presencia, cun cadro realizado por artistas locais ó longo da xornada, grazas a Dismac, o cal subastárase ó final do evento como homenaxe o espazo onde se desenrola o Mercado da Arte, a praza de abastos.
Dous muralistas comezarán un proxecto coa idea de seguilo ó longo do tempo nas vindeiras edicións do Mercado da Arte, que consiste en pintar unha das paredes exteriores do mesmo.
Na entrada outro artista de renombre presentará unha performance. E coma sempre presentación de libros de autoedición. non poden faltar.
Unha maneira moi especial de festexar o día das Letras Galegas, xa que a literatura e as letras non só están nos libros, senón na expresión artística de cada ser.
«O Mercado da Arte pouco a pouco estase a converter nun referente cultural nunha cidade con ganas de coñecer e de ensinar. Secundino Lopez Sotelo é a persoa a que está adicada esta edición, polo seu amor e respeto ó mundo, á natureza e os seus seres, unha maneira moi especial de expresarse, tan necesaria no momento que vivimos», afirman os organizadores.
O Mercado da arte nace coa ilusión de mostrar o traballo dos artistas e levar este traballo a pe derúa, achegandoo a un público que doutro xeito non o coñeceria.
Pouco a pouco tamén se vai convertendo nunha cita importante para galeristas onde poden coñecer obras emerxentes.