O Concello de Vigo reabrirá este 2 de xuño os museos da cidade e a Biblioteca Municipal Xosé Neira Vilas con “todas as medidas de seguridade e hixiene” que marca a normativa sanitaria imposta pola crise do Covid-19. Así, desde este martes reabren o Museo Municipal de Castrelos Quiñones de León, o Verbum, a Casa das Artes, a Casa Galega da Cultura, a Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, o Museo Liste-Etnográfico e o Museo de Arte Contemporánea (MARCO).
As normas obrigan a usar máscara de protección e a manter sempre a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros en todo o edificio e respectando en todo momento os elementos de sinalización.
O aforo está reducido ata o máximo dun terzo do habitual e sinalado en lugares visibles á entrada de cada espazo. As visitas serán individuais ou colectivas dentro da mesa unidade familiar ou de convivencia. Todos os centros contarán con dispensadores hidroalcólicos a disposición do público e haberá que utilizar preferentemente as escadas, posto que a utilización do ascensor está limitado a unha persoa de cada vez, excepto no caso de acompañantes de persoas que precisen asistencia. Tamén o emprego dos aseos está limitado a unha persoa cada vez, excepto no caso de acompañantes de persoas que precisen asistencia.
Ademais, os visitantes deberán seguir a sinalización para a circulación no interior do edificio e non está permitido tocar as obras nin elementos en exposición, así como as superficies do mobiliario, de vitrinas ou carteis.
Nos museos están inhabilitados para os visitantes os elementos de uso táctil, audioguías e as consignas. Non están dispoñibles os folletos ou outro material análogo e en todo momento deberán seguir as indicacións e recomendacións do persoal de atención ao público.
BIBLIOTECA MUNICIPAL “XOSÉ NEIRA VILAS”
– Horarios:
* De martes a sábado, de 10:30 h a 14:00 h.
* De luns a venres, de 17:00 a 20:30 h
– Servizos: préstamo e devolución de libros con cita previa, altas de carnés de socios/as, información bibliográfica telefónica e/ou telemática; máis adiante, lectura en sala e consulta en ordenadores.
CASA DAS ARTES
– Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
– Programación:
* Exposición temporal «V Concurso Relato Fotográfico Clínica Dental Susana Santeiro». Até o 28 de xuño. Planta primeira.
* Colección Luís Torras. Planta segunda.
* Fundación Laxeiro. Planta terceira:
* Mostra da Colección Permanente
* Exposición Temporal: “Son Eu, 18 Autorretratos de Laxeiro. Da afirmación á disolución de suxeito”
– Arquivo Pacheco: consulta de imaxes dixitalizadas. Planta baixa.
* De luns a venres, de 11:00 a 14:00 h
CASA GALEGA DA CULTURA
– Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
– Programación:
* Exposición temporal «Afinidades selectivas #11. Ideas verdes incoloras dormen furiosamente”. Até o 28 de xuño.
* Museo “Francisco Fernández del Riego” (sen exposición temporal, abre de 11:00 a 13:30 h)
VERBUM
– Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
– Programación:
* Exposición permanente.
* Exposición temporal: “A cultura Africana”. Até o 28 de xuño.
MUSEO MUNICIPAL QUIÑONES DE LEÓN
– Horarios visitas público:
De martes a venres: de 10:00 a 14:00 h.
Sábados: de 17:00 a 20:00 h.
Domingos e festivos (agás luns): de 11:00 a 14:00 h.
– Programación:
* Colección Arqueolóxica.
* Recreación do pazo galego e colección de pintura antiga e artes decorativas.
PINACOTECA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
– Rúa Abeleira Menéndez, 8. 36202 Vigo.
– Horarios visitas público:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h.
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h
– Programación:
* Exposición permanente: “A nova colección Colmeiro”. Planta terceira.
MUSEO LISTE-ETNOGRÁFICO DE VIGO
– Horario visitas público:
* De martes a sábado: de 10:00 a 14:00 h;
* Mércores: de 10:00 a 14:00 h e de 17:00 a 19:00 h.
– Programación:
* Exposición permanente
* Visita exposicións temporais: » A Mesa farta: Etnoloxía da cultura alimentaria de Galicia»; “Do paínzo ao millo: os mil grans”; «Sororidade»
MARCO
– Horarios de visitas:
* Martes a sábados (festivos incluídos): de 11:00 a 14:30 h e de 17:00 a 21:00 h.
* Domingos: de 11:00 a 14:30 h.
– Programación:
* “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”. Salas do primeiro andar.
* “Yolanda Herranz. …No, aún no…”. Sala de proxectos (1º andar).