Abel Caballero recordou este venres que o programa municipal de embelecemento de medianeiras e arte urbano xa está en marcha na súa edición de 2017 e o goberno de Vigo atópase actualmente na fase de selección das entre quince e vinte medianeiras que se decorarán no ano entrante.
O alcalde animou á cidadanía a propoñer ao Concello espazos dos que dispoñan ou coñezan e consideren aptos para sumarse a esta iniciativa, porque o seu «éxito» é «excepcional», como «forma de transformar o feísmo en arte urbana».
De cara ao 2017, o goberno de Vigo elevou a medio millón de euros a cuantía para este programa, que inclúe o embelecemento de medianeiras e numerosas accións complementarias, por exemplo con centros educativos e socioculturais.