Silva, que mostrou a súa dor como presidenta da institución e tamén no nome de toda a corporación provincial, tamén lembrou a Berta Cáccamo pola súa participación na edición do pasado ano das “Medianeiras” de Vigo, no que a artista realizou o mural na rúa Segunda República, programa do que é responsable a propia Carmela Silva como concelleira na cidade viguesa.
A presidenta provincial recordou os múltiples recoñecementos que Berta Cáccamo obtivo pola súa traxectoria, entre eles o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas que recibiu en 2017, e lembrou así mesmo que a súa obra pode desfrutarse, entre outros espazos, “no propio Museo de Pontevedra”. Silva trasladou o seu agarimo á familia da pintora, filla do escritor Xosé María Álvarez Blázquez, e irmá de Xosé María, Alfonso, e Celso Álvarez Cáccamo.