Abel Caballero e Carmela Silva presentaron esta mañá o Roteiro patrimonial de Sárdoma e Castrelos, un percorrido pola cultura e a historia dunha parte da cidade. Nun folleto ilustrado recóllese a riqueza patrimonial desta parte importante da cidade, que chega ata Balaídos, no que se alude, entre outros á Ponte de Sárdoma, o Petroglifo de A Laxe ou Cruceiro da Costa. En opinión do rexedor, esta presentación é «unha gran idea que coincide co oitavo centenario da igrexa románica de Castrelos, que tamén figura no tríptico. Todos estes elementos contan co máximo nivel de protección e o Concello vai seguir adiante coa súa conservación.