O inicio do trámite de cesión iniciouse en outubro de 2017 cando Tomás Barros Cao propuxo doar pezas ao óleo da colección familiar Tomás Barros Pardo a favor do Museo de Castrelos (Quiñones de León). Un ano despois, a proposta ampliouse con debuxos do autor Isaac Díaz Pardo e Ricardo Segura Torrella que se utilizaron como ilustracións da revista de poesía e crítica literaria ‘Aturuxo’ (Ferrol, 1952-1960), da que Barros era director (xunto a Miguel Carlos Vidal), e dos poemas do libro ‘Espantapájaros’.
A obras cedidas son 12 óleos de Tomás Barros Pardo: ‘Fernando, o meu pai’ (ca. 1950), ‘Autorretrato’ (1960), Sen título (retrato da década de 1960), Sen título (paisaxe da década de 1960), ‘Muller sentada sobre fondo azul’ (1960), ‘O parlamento grande’ (1974), ‘Sara’ (1975), ‘Baile na aldea’ (1982), ‘Unha versión de O Quixote’ (1983), ‘Mariñeiros remando’ (1983), ‘Sen título (retrato de 1985) e ‘Sen título’ (retrato de 1985).
Ademais, a doazón inclúe un total de 58 tintas de Isaac Díaz Pardo, doce delas ilustracións da revista ‘Aturuxo’ (1952) e 46 ilustracións do libro ‘Espantapájaros’, de Tomás Barros Pardo. Por último, de Ricardo Segura Torrella outras dúas tintas con ilustracións da revista ‘Aturuxo’ (1952). A valoración económica de todas as pezas é de 79.500 euros.