Clint Eastwood é un actor, director, produtor, músico e compositor estadounidense. Comezou a súa carreira como actor cun papel secundario no elenco da serie de televisión ‘Rawhide’.
Este carismático actor cubría a pantalla con eses grandes planos e unha mirada profunda sombreada por un sombreiro de vaqueiro, escoitando un asubío, e un coro de voces secas de homes.
O veterano actor está a celebrar o seu 90 aniversario cun estado de forma fenomenal e ese corpo atlético que nos quedou na retina na película ‘O sarxento de ferro’.
Clint Eastwood naceu en San Francisco (California) en 1930. Parabéns no seu aniversario.