Este venres comeza a sexta edición do Galician Freaky Film Festival (GFFF), un festival de cinema diferente e langrán, cheo de sentido de humor e cunha sección oficial pensada para deixar a todo o mundo abraiado.
O certame inaugúrase ás 19.00 horas no Auditorio do Concello coa proxección de ‘The Hunchback of Notre Dame’, filme mudo musicado en directo e para a ocasión por Caspervek Orquestra, con once músicos en escena. A continuación, ás proxectarase ‘The Thing (La cosa)’, obra de referencia no terror e ciencia ficción que cumpre 30 anos en 2022.
O sábado 24, no Auditorio do Concello, é a quenda do Pequefreak, xornada dirixida a inculcar o amor polo cinema nos nenos, con obradoiro de efectos especiais, realidade virtual e proxección de curtas sorprendentes e nunca vistas en Galicia.
O festival continúa do mércores 28 de setembro ao sábado 1 de outubro na Praza Elíptica, coas proxeccións da sección oficial de curtametraxes, os primeiros filmes de Peter Jackson, exposición, coloquios, presentacións e sorpresas en forma de actuacións. As entradas e abonos están dispoñibles na web do festival.